Bandeira dos asirios

Bandeira dos asirios
Bandeira dos asirios
Características
Uso
Proporción3:2
Adopción1971
Cores     Vermello      Branco      Azul      Azul claro      Ouro

A bandeira dos asirios (en siríaco: ܐܬܐ ܐܬܘܪܝܬܐ: ʾāṯā ʾāṯōrāytā ou ܐܬܐ ܕܐܬܘܪ ʾāṯā d-ʾāṯōr)[1][2] é a bandeira étnica que representa ao pobo asirio, creada para representar a súa nación e patria, así como á diáspora asiria. Os seus dous compoñentes, a estrela de Utu/Shamash, que era un símbolo do deus Shamash, e que tamén se usaba habitualmente nos postes dende o Imperio Acadio como símbolo da nación,[3] combínase co antigo símbolo do deus Assur.

George Bit Atanus deseñou a bandeira por primeira vez en 1968;[4] a Alianza Asiria Universal, a Federación Nacional Asiria e o Partido Democrático de Bet-Nahrain adoptárona en 1971. A bandeira ten un fondo branco cun círculo dourado no centro, rodeado por un estrela de catro puntas en azul. Catro franxas onduladas de tripla cor (vermello-branco-azul), ensanchadas e onduladas, conectan o centro coas catro esquinas da bandeira. Sobre o centro aparece a figura do deus asirio precristián Assur, coñecido pola iconografía da Idade de Ferro.

  1. "List of all entries". 
  2. assyrianapp.com (ed.). "ܟܘܠܝܗܝ̈-ܒܘܪ̈ܢܐ-ܐ̃ܟܘܡܐ-ܠܐ-ܡܨܐܠܗܘ̈ܢ-ܕܫܠ". Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  3. Black & Green 1992, p. 168.
  4. "The History and Meaning Behind the Assyrian Flag". Assyrian Cultural Foundation. 2017-03-27. Consultado o 2020-06-27. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search